A renombrada soprano María Hinojosa Montenegro, quen brillou no Musikverein de Viena ou o Teatro Colón de Buenos Aires, ten protagonismo neste concerto que tende pontes entre Galicia, Portugal e Gales co Trío Preseli, xunto ao piansita Daniel Pereira e o trompa Simon Lewis.
Escoitaranse musicalizacións dun poema de Valentín Paz-Andrade polo compostelán Fernando Buide, cuxa música foi interpretada pola Orquestra Nacional de España ou a Sinfónica de Pittsburgh, e un poema de José Carlos González trasladado a partitura polo renombrado compositor e pianista portugués António Victorino D’Almeida.
Tamén soarán cancións irlandesas e de soados compositores históricos como Franz Schubert e Gustav Mahler.